Título da fonte de datos

Especifica a localización do ficheiro de axenda de enderezos e o nome co que se vai listar a fonte de datos no explorador de fontes de datos.

Para acceder a esta orde...

Asistentes de fontes de datos de enderezos - Título da fonte de datos


Localización

Especifica a localización do ficheiro de base de datos.

Explorar

Especifica a localización mediante unha caixa de diálogo de ficheiro.

Posibilitar o acceso a esta axenda de enderezos desde todos os módulos de LibreOffice

Rexitra o ficheiro de base de datos recén creado no LibreOffice. A base de datos móstrase entón no panel de fontes de datos (+Shift+F4). Ao limpar esta opción, a base de datos estará dispoñíbel só abrindo o ficheiro da base de datos.

Nome da axenda de enderezos

Especifica o nome da fonte de datos.